Como se trata a xenxivite?
Na Policlínica Dental Bahillo o tratamento da xenxivite realízase mediante unha profilaxe dental, chamada comunmente limpeza de boca, cunha periodicidade entre 3 meses e un ano, en función do tipo de patoloxía e hábitos hixiénicos do paciente.
Cando se trata dunha xenxivite que só é inflamación das enxivas por presenza de sarrio con unha hixiene profesional ou profilaxe é suficiente.
Cando existe perda de soporte óseo esta enfermidade convértese nunha periodontite e polo tanto a hixiene profesional queda curta, pois agora tamén temos que eliminar sarrio das raíces dentarias e faise mediante un curetaxe.
En casos avanzados nos cales hai moita perda de soporte e existe bastante profundidade de sondaxe os nosos dentistas afirman que sería necesaria unha cirurxía periodontal.