Orgullo profesional
En Policlínica Dental Bahillo estamos moi orgullosos de todos os profesionais que a formamos, é unha verdadeira satisfacción para nós poder contar con un equipo humano que reúne á vez profesionalidade e bo trato persoal. Somos un equipo de dentistas e persoal auxiliar que nos esforzamos día a día para lograr, en todo o humanamente posible, a satisfacción e o éxito.
O exercicio da odontoloxía non é fácil, polo que obter bos resultados non é sinxelo. Para conseguilo hai que investir esforzo, tesón, tecnoloxía, tempo, coñecementos, habilidade, entusiasmo e moi bo ánimo, dentro do equipo, para resolver ben cada caso. En Policlínica Dental Bahillo estudamos cada caso de forma personalizada compartindo impresións entre todo o equipo de odontólogos para conseguir a mellor solución e, por tanto, alcanzar as expectativas, tanto estéticas como funcionais, de todos os nosos pacientes.
Facer todo iso é o que nos gusta e nos motiva, pero para nós tamén é interesante que coñeza todo o que podemos facer por vostede e polos seus. Por iso explicamos de forma detida a cada paciente as múltiples opcións e tratamentos dentais para chegar xuntos á que máis se adecúa a cada caso concreto.