• Nº Rex. San.: C-15-001391
  • Parking gratuíto

Selecciona o teu idioma

Especialistas en ortodoncias en Santiago

Especialistas en ortodoncias en Santiago

Especialistas en ortodoncias en Santiago

Ortodoncia para todas as idades

A ortodoncia é unha área da odontoloxía que se ocupa do diagnóstico, prevención e tratamento das malposicións dentarias e das deformidades dos maxilares. Estes tratamentos teñen como obxectivo a mellor colocación dos dentes co fin de lograr unha mordida adecuada para unha boa mastigación e unha correcta aparencia estética.

Na Policlínica Dental Bahillo realizamos ortodoncia e ortopedia dentofacial, tratando a pacientes de todas as idades: nenos, novos e adultos. Utilizamos diferente aparatoloxía, que vai desde os brackets metálicos á ortodoncia invisible do sistema Invisalign, pasando polos brackets estéticos e sistemas de baixa fricción.

Ortodoncia invisible: Invisalign

Ortodoncia invisible: Invisalign

A técnica de ortodoncia invisible Invisalign utiliza aliñadores fabricados individualmente para cada paciente a medida. Están fabricados con un material transparente, cómodo e resistente, que se adapta aos dentes como unha segunda pel e está deseñado para realizar os movementos dentais de maneira progresiva. Débense cambiar cada 14 días, ata levar os dentes á posición desexada.

Ortodoncia estética en Santiago

Ortodoncia estética

Os brackets estéticos, xa sexan de zafiro, cerámicos ou de calquera outro material, están especialmente indicados naqueles pacientes que necesitan unha ortodoncia tradicional pero cun menor impacto visual.

Ortodoncia de baixa fricción en Santiago de Compostela

Ortodoncia de baixa fricción

Hoxe en día mellorouse a eficiencia do movemento dental con novos materiais, tanto brackets como arames. Así, mediante o Sistema Carriere, con forzas lixeiras e continuas, obtéñense excelentes resultados diminuíndo o tempo do tratamento e a cantidade de citas.

Ortopedia dentofacial en Santiago de Compostela

Ortopedia dentofacial

Mediante a ortopedia dentofacial conseguimos a orientación do crecemento e o desenvolvemento facial. Para iso os profesionais da Policlínica Dental Bahillo en Santiago de Compostela utilizamos aparellos especialmente deseñados para guiar o crecemento facial e corrixir as anomalías que presente o neno.

Para quen se recomenda a ortodoncia?

Nenos

Un tratamento precoz de ortodoncia pode axudar a previr outro tipo de problemas futuros. Os nosos especialistas recomendaranlle o tipo de ortodoncia que mellor se adapta a cada neno.

Mozos

A ortodoncia na adolescencia proporciona beneficios tanto a corto como a longo prazo. Nesta idade tan complicada, la ortodoncia pode incluso axudar a mellorar a autoestima de quen a leva.

Adultos

Non existe límite de idade para o uso da ortodoncia e, sorprendentemente, a maioría dos usuarios de ortodoncia son pacientes adultos que queren mellorar a estética e a funcionalidade do seu sorriso.

Busca o mellor tratamento de ortodoncia?

Na Policlínica Dental Bahillo poñemos ao seu alcance, diferentes tipos de ortodoncia, para mellorar o seu sorriso e a funcionalidade da súa boca de forma completa. Contacte connosco e indicarémoslle cal é a mellor solución para o seu caso.