Tratamentos para patoloxías da ATM en Santiago de Compostela
Molestias ao mover a boca?
A ATM é a articulación que posibilita á persoa abrir e pechar a boca. É a articulación onde a mandíbula se articula co óso temporal do cranio permitindo, por tanto, masticar, tragar, falar...
Calcúlase que case un 50% da poboación presenta algunha alteración funcional do sistema masticatorio pero non é consciente diso.
Estas alteracións na articulación poden ser orixe de molestias moi diversas, aínda que as máis frecuentes son: dor referida no oído, pescozo, costas, mandíbula; limitación ao abrir e/ou pechar a boca; ruído ou chasquidos na zona das articulacións temporomandibulares ATM (xunto ao oído), dores de cabeza (xeralmente nas zonas laterais).
Poña remedio á dor na nosa clínica dental
Se presenta algunha destas anomalías ou sente dor ao abrir ou pechar a boca o que ten que facer é acudir a un dentista especialista como os que contamos na Policlínica Dental Bahillo e poñer remedio á doenza.
Entre os procedementos que realizamos na nosa clínica podemos destacar:
- Exploración da articulación mediante unha radiografía 3D
- Estudo personalizado
- Creación dunha férula de descarga para persoas que padezan de bruxismo
Colaboramos con




Proxecto cofinanciado



Proxecto financiado - Expte. IG174.2014.1.232