Uso da anestesia e sedación consciente

Perda o medo ao dentista

Na Policlínica Dental Bahillo ofrecémoslles a posibilidade de realizar os tratamentos mediante sedación endovenosa consciente, para conseguir abstraer ao paciente desde o primeiro momento do acto cirúrxico e conseguir un maior confort do mesmo. Este tratamento está realizado e controlado en todo momento por un médico anestesista, que durante toda a intervención controlará as constantes do paciente.

A sedación consciente xorde para proporcionar o maior confort nos tratamentos máis longos e delicados, así como unha opción para aqueles pacientes con "medo ao dentista" para a ruptura do círculo vicioso fóbico. Para xerar confianza nestes pacientes ou en calquera outro que o solicite, pódese realizar todo o tratamento baixo sedación consciente.

A súa satisfacción, o máis importante

Todos os profesionais que formamos a Policlínica Dental Bahillo temos marcado como obxectivo a satisfacción do paciente. Este éxito lógrase, ademais de con un bo tratamento, co bo facer e o trato cos pacientes.

Se necesita acudir ao dentista pero dálle medo a visita, acuda á nosa clínica dental en Santiago. Nas nosas instalacións sentirá coidado polos profesionais en todo momento.

Colaboramos con

Logo SEOC Logo SEPES Logo AEDE Logo SEPA

Proxecto cofinanciado

Logo Igape Logo Xunta de Galicia Logo UE

Proxecto financiado - Expte. IG174.2014.1.232